Por iniciativa dos representantes de alumnos realizarase no Salón de Actos da Escola un debate con referencia ás eleccións a órganos unipersonales dos departamentos. Están convidados todos os candidatos
Información remitida polos representantes de alumnos
Se prevee unha rolda de 10-15 minutos de presentación de candidaturas e logo un debate entre os dous candidatos ao departamento de proxectos e urbanismo e unha rolda de rogos e preguntas.
Desde delegación vemos imprescindible a participación e o coñecemento público das diferentes candidaturas a director dos diferentes departamentos, xa que consideramos que é de interese para a comunidade universitaria debido á relación interdepartamental existente.
Por tanto, cremos importante a asistencia tanto de alumnos como de profesores a este debate aberto para dar a coñecer o labor docente, investigadora e as diferentes inquietudes dos distintos candidatos.
Esperamos a vosa asistencia,
Podes consultar informacións e programa electoral relacionados con estas eleccións nesta ligazón
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.