Resultado do concurso da Capela dos Encontros no Colexio Maior San Agustín

A proposta “CAVILAR”, elaborada polas estudantes Sara Varela Caamaño e Elena Iglesias Araújo resultou vencedora no “Concurso de ideas para o deseño dunha solución do teito e da iluminación da ‘Capela dos Encontros’ do Colexio Maior San Agustín de Santiago de Compostela”, cun premio de 600€.