Historia


2019 Plácido Lizancos Mora, director da ETSAC

14.03.2016 BOE Publicación do plano de estudos Máster Universitario en Arquitectura

9.12.2015 BOE Publicación do plano de estudos de Grao en Estudos de Arquitectura

7.09.2015  Implantación das novas titulacións de Grao e Máster adaptadas a orde EDU2075/2010

17.06.2015 DOG autoriza a implantación do Grao en Estudos de Arquitectura e do Máster en Arquitectura na UDC

2011 Fernando Agrasar Quiroga, director da ETSAC

18.01.2011 BOE Resolución de 30 de marzo de 2011, pola que se publica o plano de estudos de Graduado en Arquitectura

2005  Xosé Manuel Casabella López, director da ETSAC

1996  José Juan González-Cebrián Tello, director da ETSAC

19.01.1996 BOE plan de estudos homologado polo Consello de Universidades dacordo coas directrices do R.D. 1497/1987

1994 Iníciase a construción do Edificio de Departamentos

1991 A Fundación Barrié entrega á Universidade da Coruña os edificios da ETSAC e da EUATC, que son os seus primeiros centros

27.10.1989 BOE Creación da Universidade da Coruña Lei 11/1989 de 20 de xullo, de Ordeación do Sistema Universitario de Galicia

1989  José Ramón Alonso Pereira, director da ETSAC

1989 Créase a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo

1986 Juan Bautista Pérez Valcárcel, director da ETSAC

1980 Entra en funcionamiento o edificio actual.

26.03.1979 BOE Orde de 24 de xaneiro de 1979 pola que se amplia a seis anos o plan de estudos da ETSA

04.11.1975 Inicio do primeiro curso académico. O primeiro claustro estaba formado por: José Antonio Franco Taboada, director; José Luis Mosquera Suárez, secretario; Xosé Manuel Casabella López; Carlos Fernández-Gago; Jesús Arsenio Díaz; Javier Padín Vaamonde e Carlos Losada Varela.

20.09.1973 BOE Decreto 2219/1973 de creación da escola de arquitectura. Nace adscrita á Universidade de Santiago

1971 Contrátase ao equipo dirixido por Raymond Caravaty, director do Center for Architectural Research do Instituto Politécnico Rensselaer de Troy, Nova York, para a planificación educativa e aos arquitectos Rodolfo Ucha, Juan Castañón e José María Laguna para deseñar o edificio. O Colexio de Arquitectos de Galicia pretende crear unha Escola privada en Santiago

1968 A Fundación Pedro Barrié de la Maza (creada en 1966) inicia as xestións ante o Ministerio de Educación para crear unha ETS de Arquitectura e unha EU de Arquitectura Técnica na Coruña.