O Festival de Arquitectura FETSAC naceu grazas a unha agrupación desinteresada de estudantes da ETSAC que decidiu, por iniciativa propia, crear unhas xornadas culturais que alterasen a percepción habitual que os seus compañeiros tiñan do centro, dando lugar ao «Circo», a primeira edición do festival no ano 2009.
O esforzo inicial levado a cabo viuse recompensado cada ano coa continuidade do mesmo. Nas seguintes edicións, as diversas actividades propopostas (conferencias, debates, talleres…) enmárcanse sempre dentro dunha temática en particular, na que se convida a participar a profesionais da arquitectura e outros colectivos. O seu secreto e frescura reside en que é un grupo diferente de estudantes, movido por intereses e inquietudes similares, o que cada ano toma as rendas e encárgase de todos os labores de organización e xestión do mesmo.
É por iso que o concepto do festival foi evolucionando de tal maneira que hoxe en día non podemos definir FETSAC só como un colectivo, ou semana cultura máis, senón como unha actitude. Actitude optimista, innovadora, crítica e experimental… un xeito estimulante de vivir a arquitectura fóra dos leitos estritamente académicos.
Edicións realizadas:
-
- FETSAC 2009 «Circo»
- FETSAC 2010 «PsicoFETSAC»
- FETSAC 2011 «Re»
- FETSAC 2012 «This is tomorrow»
- FETSAC 2013 «Who’s ready for FETSAC?»
- FETSAC 2014 🔥🏠
- FETSAC 2015 «Alén do obxecto»
- FETSAC 2016 «A crise dos corenta»
- FETSAC 2017 «Trashumancias»
- FETSAC 2018 «Quimeras»
- FETSAC 2019 «Inserte (carencias) aquí»
- FETSAC 2020 «Operación saída» (Aprazada polo confinamento)
- FETSAC 2021 «Operación saída» (Edición telemática)
- FETSAC 2022 «Confluencias»
- FETSAC 2023 «Kaos»
- FETSAC 2024 «Proxectos X»
Máis información: