Arquitectura Sen Fronteiras é unha ONG para o desenvolvemento, fundada en 1992 grazas á iniciativa dun grupo de arquitectos e arquitectas que xa colaboraba con outras ONG. Dende entón traballamos na defensa do dereito das persoas a un hábitat digno promovendo un desenvolvemento humano equitativo e sostible.
Desenvolvemos proxectos integrais, relacionados coa arquitectura, o urbanismo, as infraestruturas e a educación e sensibilización, co obxectivo de promover un desenvolvemento local non dependente, participativo e sustentable, respectando o medio ambiente e as diferentes culturas.
As actividades que realizamos agrúpanse nestas categorías:
- Proxectos de cooperación en países do Sur.
- Actuacións no entorno local.
- Sensibilización e educación (denuncia, formación e campañas informativas).
Na actualidade contamos con demarcacións territoriais en Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana-Murcia, Euskadi, Madrid, Navarra e Galicia.
A demarcación galega foi creada en 1995 por alumnado da ETSAC, e dende entón mantemos o noso local social na Escola. Desenvolvemos proxectos integrais na contorna da Coruña e en América Central, relacionados coa arquitectura, o urbanismo, as infraestruturas e a educación e sensibilización, co obxectivo de promover un desenvolvemento local non dependente, participativo e sustentable, respectando o medio ambiente e as diferentes culturas.
Traballamos en Cooperación Local cos seguintes obxectivos:
- Fomentar a inclusión social dos colectivos vulnerables traballando a favor da satisfacción axeitada das súas necesidades fundamentais
- O cumprimento das condicións básicas de habitabilidade
- A erradicación de pautas racistas e discriminatorias da cidadanía e dos poderes públicos.
Nos últimos anos o Grupo de Cooperación Internacional centrou o seu traballo en Guatemala coas seguintes liñas de actuación:
• Proxectos de mellora do hábitat domiciliar a través do acceso a unha vivenda digna
• Proxectos de mellora de infraestructuras educativas
• Proxectos de mellora de infraestructuras de saúde
Dende o Grupo de Educación para o Desenvolvemento prestamos atención á educación e a sensibilización da nosa sociedade, informando, denunciando e chamando á participación da cidadanía mediante actividades como:
- Cursos online sobre o dereito ao hábitat
- Seminarios
- Exposicións
- Unidades didácticas
- Charlas e obradoiros en centros de educación formal e non formal.
O organigrama de traballo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia complétase de forma transversal aos anteriores cos grupos de Voluntariado e Formación e o de Comunicación.
O mellor modo de colaborares connosco é achegares as túas ideas, o teu traballo e a túa ilusión, formando parte dun dos grupos de traballo ou con colaboracións puntuais. Tamén podes facerte socio ou socia e contribuir así á independencia financeira da organización.
Para saberes máis sobre o noso traballo pasa polo noso local no 2º andar da ETSAC ou a nosa web escoita o noso podcast visitanos en facebook, síguenos en twitter ou suscríbete ao noso boletín electrónico.