Titulacións extinguidas

Título de Arquitecto recoñecido pola comunidade europea de acordo coa directiva 2005/36/CE

01.12.2017. Publicación no EUR_lex (Boletín oficial da Comunidade Europea) do recoñecemento das titulacións da ETSAC.

Obxectivos formativos

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Arquitecta/o deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias desta titulación.

Estes estudos deberán manter o axeitado equilibrio entre os aspectos teóricos e prácticos da formación en Arquitectura e garantir, entre outras, a adquisición de:

  • A aptitude para elaborar proxectos arquitectónicos que satisfagan á vez as esixencias estéticas e técnicas.
  • Un coñecemento axeitado da historia e das teorías da arquitectura, así como das artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas.
  • Un coñecemento axeitado do urbanismo, a planificación e as técnicas aplicadas no proceso de planificación.
  • Un coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de construción.
  • O coñecemento dos problemas de concepción estrutural, construción e enxeñaría civil vinculados cos proxectos de edificios.
  • Un coñecemento axeitado dos problemas físicos e das tecnoloxías, así como da función dos edificios, de forma que se dote a estes de todos os elementos para facelos internamente confortables e para protexelos dos factores climáticos.

Saídas profesionais

SECTORES: Empresas de materiais de construción, prefabricados, deseño industrial, interiorismo. Profesión libre. Administración pública. Urbanismo.

FUNCIÓNS: Concepción, proxecto e realización de edificios, instalacións urbanas complexas e saneamento. Asesoría urbanística. Recuperación e restauración de edificios antigos. Paisaxismo. Investigación e docencia. Dirección dos diferentes mandos intermedios que interveñen na construción.

Plan de estudios 1995

Archivo con Temarios y Plan de Estudios 1995 para legalización del título en castellano

Título de Grao en Arquitectura

Obxectivos formativos

O grao en Arquitectura (título en extinción ) habilita para a profesión regulada de arquitecto/a. Esta titulación forma o graduado na proxección e construción de edificios e o deseño e ordenación de zonas urbanas, de parques, de paisaxes etc.

Saídas profesionais

Exercicio liberal da profesión, en empresas ou na Administración. Redacción de proxectos e dirección de obra e edificación e urbanización. Planificación urbanística e ordenación do territorio.

BOE 18/04/2011

Resolución de 30 de marzo de 2011, de la Universidad de A Coruña, por la que se publica el plan de estudios de Graduado en Arquitectura.

Ligazóns

Grao en Arquitectura. Plan de Estudos

Grao en Arquitectura. Fichas Asignaturas

Proceso de Bolonia. Verificación do plan de estudos