Proceso de Bolonia

ARQUIVOS SOBRE A IMPLEMENTACIÓN DO PROCESO

17.06.2015
Consellería de Cultura, Educación e ordeación universitario.
Orde do 4 de xuño pola que se autoriza a implantación das ensinanzas de grao en Estudos de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura

05.05.2015
Resolución de verificación positiva do Consello de Universidades das novas titulacións da ETSAC.
Grado en Estudios de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura

27.03.2015
A Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG)  informa favorablemente as memorias definitivas para a creación dos plans de estudos de Grado en Estudos de Arquitectura e Máster en Arquitectura

03.11.2014
A Secretaría Xeral de Universidades. Consellería de Cultura, Educación e Odenación Universitaria da Xunta de Galicia emite informe favorable de envío a verificación dos planos de estudos de Grao en Estudos de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura.

16.10.2014
A Universidade da Coruña emite informe sobre a proposta de plan de estudios de Grao en Estudos de Arquitectura e Máster Universitario en Arquitectura.

23.09.2014. Xunta de Escola
Propostas definitivas das memorias xustificativa, económica e de verificación para la creación e modificación dos planos de estudos

15.05.2014. Xunta de Escola
Xustificación da modificación do título de “Graduado en Arquitectura” e proposta de creación do título “Graduado en Estudios de Arquitectura” 
Xustificación da creación do título “Máster en Arquitectura”

30.04.2014. UDC
Calendario de novas propostas e modificacións de Grao e Máster para sua implantación no curso 2014-15

18.07.2012. Xunta de Escola
Xustificación da modificación do título de “Graduado en Arquitectura
Documento xustificativo da creación do “Máster en Arquitectura”

DOGA, 29/03/2012
Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

DOGA 9/12/2011
Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

BOE 31/07/2010
Orden EDU/2075/2010, de 29 de julio, por la que se establecen los requisitos para la verificación de los títulos universitarios oficiales que habiliten para el ejercicio de la profesión de Arquitecto

BOE 30/07/2010
Resolución de 28 de julio de 2010, de la Secretaría General de Universidades, por la que se publica el Acuerdo de Consejo de Ministros de 23 de julio de 2010, por el que se establecen las condiciones a las que deberán adecuarse los planes de estudios conducentes a la obtención de títulos que habiliten para el ejercicio de la profesión regulada de Arquitecto

BOE 3/07/2010
Real Decreto 861/2010, de 2 de julio, por el que se modifica el Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales

BOE 18/04/2011
Resolución de 30 de marzo de 2011, de la Universidad de A Coruña, por la que se publica el plan de estudios de Graduado en Arquitectura

BOE 16/03/2011
Resolución de 25 de febrero de 2011, de la Secretaría General de Universidades, por la que se publica el Acuerdo de Consejo de Ministros de 11 de febrero de 2011, por el que se establece el carácter oficial de determinados títulos de Grado y su inscripción en el Registro de Universidades, Centros y Título

16/11/2009
Plano de estudos verificado
Ficha Asignaturas Grao en Arquitectura

01/06/2008. Xunta de Escola
Proposta de título de grao. Graduado en Arquitectura

2/04/2008
Plan Estratégico ETSAC 2007-2010

18/02/2008
Guía de apoio para a elaboración da memoria para a solicitude de verficiación de títulos oficiais
Protocolo de avaliación para a verificación de títulos universitarios oficiais
Propuesta de directrices do Plan de estudos
Composición da comisión do plan de estudos

BOE 29/12/2007
Orden ECI/3856/2007, de 27 de diciembre, por la que se establecen los requisitos para la verificación de los títulos universitarios oficiales que habiliten para el ejercicio de la profesión de Arquitecto

BOE 21/12/2007
Resolución de 17 de decembro de 2007, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se publica o Acordo de Consello de Ministros de 14 de decembro de 2007, polo que se establecen as condicións ás que deberán axeitarse os plans de estudos conducentes á obtención do título habilitante para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto

14/12/2007
A Dirección da ETSAC asiste a reunión da Comisión de Directores de Escolas de Arquitectura, nas instalacións da ETSA de Valencia
A orde do día está conformada por sesións de traballo para o deseño dos novos plans de estudios do título de ARQUITECTO, adaptados á normativa europea.

Acordos relativos ao título de grao de Arquitecto
A Conferencia de Directores de Escolas de Arquitectura de España, reunida en Valencia a 14 de decembro de 2007 acorda por consenso:
Que os Directores trasladen ás súas respetivas universidades as seguintes recomendacións sobre os criterios a aplicar nos Plans de Estudos de Graduado en Arquitectura, que desenvolvan o acordo do Consejo de Ministros que establece as condicións a que estes deberían adecuarse e a Orde Ministerial que determina os requisitos correspondentes.
Recoller nas propostas de Plans de Estudos, ademais dos obxectivos enumerados na a Orde Ministerial, os establecidos polo Libro Branco do Programa de Converxencia Europea da ANECA para que o novo título concentre no seu núcleo xeralista as características do de arquitecto ata hoxe vixente, de acordo cos seguintes aspectos que avalen a súa adecuación a criterios nacional e internacionalmente aceptados para títulos similares.
Manter a denominación, a capacidade de contribuír ao benestar de persoas e poboacións, a función social vinculada á seguridade pública, o rigor formativo, o perfil intelectual, a competencia técnica e as demais calidades que hoxe seguen asociándose ao moi antigo oficio da arquitectura.
Aplicar a acreditada capacidade histórica de renovación de contidos e métodos de ensino que a arquitectura posúe á incorporación ao espazo europeo de educación superior e ao perfeccionamento da súa adaptación á sociedade, a cultura e a técnica contemporánea e o desenvolvemento sostible.
Respectar o marco legal existente, tanto no ámbito estatal (determinado pola Lei de Ordenación da Edificación e demais disposicións reguladoras da actividade dos arquitectos) como no comunitario (pola Directiva 2005/36/CE).
Non producir ao axustarse os novos títulos á estrutura prevista para os futuros estudos universitarios unha depreciación competencial que os bote fora de tal marco ou os faga enganosos sobre a duración real dos seus estudos, medida no tempo de dedicación dos estudantes a eles.
Establecer unha formación que se corresponda co núcleo da actividade profesional específica dos arquitectos españois actuais e co fundamento técnico da súa formación, o cal cimentou a súa actual reputación e empregabilidade internacionais.
Descargar ao novo arquitecto das competencias especializadas achegadas ao devandito núcleo nos últimos cen anos que non resultan estritamente necesarias para acadar os cinco obxectivos anteriores, trasladando o proceso da súa adquisición ao posgrao.

Modelo de créditos ECTS
Análise realizada en decembro de 2007 pola Conferencia de Directores de Escolas das estruturas dos créditos ECTS e as diferentes opcións da súa organización en función dos tipos de ensino

06/11/2007
Comunicado da Conferencia de Directores de Escolas de Arquitectura trala reunión co Secretario de Estado de Universidades

O 25 de outubro tivo lugar, na Escola de Arquitectura de Madrid, unha reunión da Conferencia de Directores Escolas de Arquitectura de España con Miguel Ángel Quintanilla, Secretario de Estado de Universidades.
O tema monográfico da referida reunión era a análise do proceso de implantación do novo título de arquitecto.
O Secretario de Estado, durante máis de hora e media ofreceu información de primeira man sobre a redacción definitiva do Decreto de Ordenación do Ensino Universitario Oficial e dos requisitos para a verificación de títulos que habiliten para exercer a profesión de arquitecto e que ao día seguinte ía ser sometido a deliberación do Consejo de Ministros.
Nesta reunión comprobouse que o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, recolle as aspiracións da Conferencia de Directores e que máis abaixo se detallan.
Con este resultado culmina un longo proceso, iniciado en xuño de 2003 coa solicitude de elaboración do Libro Blanco do título, integrado no programa de converxencia europea da ANECA, informado finalmente por dita axencia en xuño de 2006, proceso que se acelerou nos últimos meses coas negociacións levadas a cabo entre o Ministerio, a Conferencia de Escolas e o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España.
Esta Conferencia felicítase polo resultado acadado e recoñece ao Secretario de Estado o esforzo realizado, que garante o mantemento e mellora da calidade do ensino da arquitectura e que se vai traducir en que as condicións a aprobar para o novo título sexan as primeiras a someterse –o mes vindeiro- ao informe do Consejo de Universidades, condicións que se concretarán nos seguintes puntos:

1. Unha carreira, de grao e non de máster, de 300 créditos europeos e a presentación e defensa dun proxecto fin de carreira.
2. Un 80% destes créditos terá un contido común que garantirá a adquisición das 32 competencias definidas no Libro Blanco. Un título académico que habilite para o exercicio de tódalas atribucións do título profesional de arquitecto.
3. Acceso directo ao doutoramento dende o título de grado.
4. Garantía de que nos procesos de verificación dos plans de estudios intervirán só arquitectos.

Para acadar este resultado foi fundamental o acordo e traballo conxunto de Escolas e Colexios. Por esto lamentamos fondamente as iniciativas de menosprezo deste esforzo e a difusión de infundios que non reflectiron a verdadeira situación e menoscabaron o prestixio da profesión.
En Madrid a 25 de outubro de 2007.

30/10/2007 BOE
Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de Ordenación de las enseñanzas oficiales universitarias
Propuesta de requisitos a cumprir polos plans de estudo conducentes ao título de grao que permita a adquisición das atribucións do título profesional de Arquitecto

24/07/2007
Documento elaborado pola Conferencia de Directores, reunidos na ETSAM o 24 de xullo de 2007

7/09/2005
Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de setembro de 2005 relativa á homologación de estudos universitarios

2004
Sistema europeo de transferencia e acumulación de créditos (ECTS) Características esenciais

5/09/2003
Real Decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

1/08/2003
Real Decreto 1044/2003, de 1 de agosto, polo que se establece o procedemento para a expedición polas universidades do Suplemento Europeo ao Título

19/06/1999
Declaración de Bolonia