
O pasado venres tivo lugar a fase nacional do Architecture Student Contest de Saint-Gobain, un certame dirixido a estudantes de grao e máster de arquitectura, deseño, enxeñería da edificación e disciplinas afíns, que lles permite enfrontarse a unha experiencia de “cliente real” con condicionantes e limitacións realistas, e cun obxectivo claro: integrar a sustentabilidade na construción moderna.
O equipo da ETSAC, formado por Manuel Arca Rodríguez, Damián Duro Serantes e José Adrián García Rivas, obtivo o primeiro premio da fase nacional coa sua proposta “FLUX”.