
O vindeiro mércores, 6 de maio, ás 17.30 horas, terá lugar no local da asociación veciñal Coto da Nai en Aríns a xornada de presentación do traballo sobre o parque agrario de Aríns, realizado polo estudantado de Proxectos de Paisaxe 6 do Grao en Paisaxe no curso 2025-2026.
Continuando co traballo centrado na recuperación dos sistemas alimentarios de proximidade de Compostela, o alumnado desenvolveu como exercicio académico un parque agrario en Aríns, en Santiago de Compostela, baixo a tutoría dos profesores Emilio Rodríguez Blanco e Jesus Conde García e en continuidade coa colaboración iniciada coa Asociación Veciñal Coto da Nai de Aríns.