Xornadas «Novas visións urbanas. A pegada das utopías na cidade actual»

As Xornadas «Novas visións urbanas. A pegada das utopías na cidade actual», organizadas polo proxecto ARSOGAL —dedicado ao estudo das arquitecturas soñadas e do pensamento utópico en Galicia (grupo IDEHAS, USC)— e o Seminario de Futuros Urbanos (SFU), terán lugar os días 7 e 8 de maio na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Contarán con investigadoras e investigadores internacionais como Monica Degen, Dario Negueruela, Gizem Deniz Güneri e Francesca Artioli. O programa inclúe tamén comunicacións de investigación, mesa redonda, obradoiro e saída de campo.

Consultar o programa completo

Actividade de balde con inscrición ata o 5 de maio neste formulario.

Máis información