Curso de verán sobre estratexias de rexeneración de vilas asoladas polos incendios

 

O curso de verán Estratexias de rexeneración de vilas asoladas polos incendios do verán de 2025 terá lugar no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) entre os días 13 e 17 de xullo de 2026. O Curso plantéxase como unha convivencia de traballo, durante cinco días, que reflexione sobre o acontecido no pasado verán en relación coa destrución do territorio que provocaron os incendios forestais, e cómo se pode actuar tato de xeito preventivo como desde o punto de vista construtivo toda vez que as condicións que o produciron non mudaron.

O curso está dirixido polo profesor Óscar Pedrós (proxectos arquitectónicos) e conta coa presenza do profesor Jorge Rodríguez (urbanística), ademáis dun plantel de convidados que ofrecerán unha visión transversal do territorio e a arquitectura post-incendio: Juan Picos (enxeñeiro forestal), Otilia Reyes (bióloga), Carlos González (topografía) e Sonia Fernández (arquitecta municipal).

O prezo da matrícula inclúe pernocta no albergue e un almorzo ao día durante os cinco días do curso.

Máis información e matrícula

Programa do curso:

Luns 13 de xullo:
11:00 h. Inauguración do curso. Recibimento.
D. Enrique Álvarez Barreiro, Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
Dª. Emma Noriega García, Presidenta da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
11:30 h. Presentación dos aspectos técnicos do curso
Prof. D. Óscar Pedrós Fernández , Director do Curso
12:30 h. Introdución á área de estudo. Cronoloxía dos incendios. Aspectos urbanísticos e arquitectónicos dos núcleos de estudo.
Dª. Sonia Fernández Vázquez, Arquitecta municipal de Vilamartín de Valdeorras
14:00 h. Pausa para almorzo
16:00 – 20:00 h. Obradoiro. Visita de campo aos núcleos afectados.

Martes 14 de xullo:
11:00 h. Técnicas de levantamento topográfico, fotogramétrico e nubes de puntos de núcleos rurais.
D. Carlos González Cid, Ingeniero y especialista en topografía.
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo do convidado. Aplicación da topografía na restauración de núcleos rurais. Mallas, recortes e ortomosaicos.
14:00 h. Pausa para almorzo.
16:00 – 20:00 h. Obradoiro. Supervisión a cargo dos profesores D. Óscar Pedrós Fernández e D. Jorge Rodríguez Álvarez.

Mércores 15 de xullo:
11:00 h. La interfaz urbano-forestal y los incendios de 4ª generación.
D. Juan Picos Martín
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo do convidado. A xestión do solo fronte aos futuros incendios.
14:00 h. Pausa para almorzo.
16:00 – 20:00 h. Obradoiro. Supervisión a cargo do profesor D. Óscar Pedrós Fernández.

Xoves 16 de xullo:
11:00 h. Estratexias de regeneración natural tras un incendio forestal.
Dª. Otilia Reyes Ferreira
12:30 h. Sesión práctica cos estudantes a cargo da convidada. A vexetación na xestión do solo de protección forestal.
14:00 h. Pausa para almorzo.
16:00 – 20:00 h. Obradoiro. Visita ás canteiras de pizarra de Valdeorras.

Venres 17 de xullo:
11:00 h. Presentación dos traballos ante a veciñanza. Sesión crítica.
Alcalde de Vilamartín de Valdeorras
Presidenta da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Director do Curso, Prof. D. Óscar Pedrós Fernández
Arquitecta municipal de Vilamartín, Dª.Sonia Fernández Vázquez
14:00 h. Clausura do curso.