
O próximo xoves, 7 de maio, dentro do Espazo ETSAC, terá lugar a inauguración da exposición TERMINUS, unha mostra de proxectos da Escola de Arquitectura da Universidade da Navarra. Estudantes da Universidade de Navarra exporán os seus proxectos xunto a Jesús Bouza e Alba Pérez, da ETSAC, que exporán os seus.
Será no Salón de Actos da Escola, ás 13 horas.