
As persoas interesadas en participar no congreso científico internacional Architectures of the Sea: Atlantic Ocean sobre patrimonio marítimo e turismo azul, xa poden formalizar a súa inscrición.
Neste congreso reuniranse profesionais, persoal investigador e axentes do territorio para compartir coñecemento e novas perspectivas sobre o espazo atlántico.
A inscrición, en todas as modalidades, inclúe o acceso a todas as sesións e actividades organizadas no marco do congreso (que se irán actualizando na web), un exemplar do Libro de Resumos, os coffee breaks programados e un certificado correspondente á modalidade de inscrición seleccionada.
Lembramos tamén que os autores das comunicacións terán ata o 30 de xullo de 2026 para inscribirse no congreso; e que polo menos unha persoa autora por contribución deberá estar inscrita e presentar o traballo no congreso. O público en xeral poderá inscribirse ata o 1 de outubro de 2026.
Modalidades e cotas de inscrición:
| Autores/as de comunicacións (cota reducida)* | 50€ (ata o 30/06/2026) |
| Autores/as de comunicacións* | 100€ (ata o 30/07/2026) |
| Xeral (sen comunicación) | 30€ |
| Socios/as SEALabHaus | Gratis |
🔗 Inscríbete e accede á información completa na nosa web:
https://udc.es/gl/sealabhaus/Congreso-Cientifico/