Vídeo do Maratón de Debuxo do 10 de abril

O obxectivo dos maratóns de debuxo non é outro que desfrutar dun día diferente, debuxando, experimentando, compartindo e de paso cambiar o xeito de percibir as cousas que nos rodean, aprendendo a facelo cunha maior profundidade. Intentando levar ao papel, sen pausa e na medida das posibilidades de cada un, todo canto nos rodea, co lapis, acuarelas, rotuladores ou calquera outra técnica que nos poida interesar.

Compartir o maratón con outra xente e debuxar acompañados doutras persoas que tamén debuxan fan que a experiencia sexa máis interesante e divertida, positiva e inspiradora. Diferentes puntos de vista, diferentes detalles, diferentes sensibilidades…