
Comunicámosvos que, hoxe, 11 de maio, comeza o prazo para que o alumnado e o profesorado cubran as enquisas de avaliación da actividade docente (AVALIEMOS) correspondentes ás materias do segundo cuadrimestre e ás materias anuais do curso 2025/26.
Como novidades neste cuadrimestre, as enquisas ábrense:
-
Do 11 de maio ao 15 de xuño, antes do inicio dos exames oficiais, co obxectivo de dispoñer de máis tempo para a súa difusión entre o estudantado nestes últimos días de clase. O alumnado manterá igualmente acceso ás enquisas durante todo o período de exames e ata uns días despois da súa finalización, para que as poidan cubrir con máis tranquilidade.
-
Do 22 de xuño ao 13 de xullo para as materias do 1º, 2º cuadrimestre e anuais co obxectivo de que o alumnado e o profesorado que non as cubrira o poida facer neste prazo.
Como ben sabedes, a participación do alumnado nas enquisas AVALIEMOS é esencial para dispoñer dun feedback representativo sobre a docencia, así como para contar con evidencias válidas nos procesos de avaliación do profesorado (DOCENTIA) e nos procedementos de garantía de calidade dos títulos e centros.
Na web de AVALIEMOS atoparedes toda a información adicional.
