Conferencia “Armenia. Pedra, tempo e arquitectura” na Delegación do COAG

O mércores 20 de maio, na Delegación da Coruña do COAG, terá lugar a conferencia “Armenia. Pedra, tempo e arquitectura”, impartida polos arquitectos Arev Samuelyan, Emma Harutyunyan, Ashot Snkhchyan, Garegin Yeghoyan e Artak Knyazyan; todos eles vencellados á Universidade Politécnica de Armenia (NUACA).

Poderemos achegarnos á arquitectura dunha das civilizacións máis antigas do mundo, en catro capítulos que percorrerán a historia construída de Armenia, a través da exposición coral dun equipo de profesionais que son referentes do pensamento arquitectónico actual no Cáucaso Sur.