A vindeira semana a ETSAC albergará a XXI edición do Obradoiro Internacional IACOBUS 2016. Este ano o traballo estará vencellado ao obradoiro 3 de PFC e terá como tema “Ourense, cidade termal”, propoñéndose intervir na rexeneración dunha área do río Barbaña preto das Burgas, cun porgrama de balneario, hotel e restaurante que inclúe a rehabilitación do edificio do antigo cárcere e a casa de baños de Outeiro.
No obradoiro participarán 21 alumnos e 4 profesores da ENSA de Clermont-Ferrand (Francia), 16 alumnos e 2 profesores da OTH de Ratisbona (Alemaña), ademáis dos 15 alumnos e o profesorado do obradoiro 3 da ETSAC.
Datas: 29 de febreiro ao 04 de marzo, cunha exposición final dos traballos desta semana