NOVA DATA PARA O ENVÍO DE RESUMOS: 22 ABRIL 2019?
+ info UNISCAPE En-Route Coruña2019
Contidos
Este Seminario propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as
pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.
Este Seminario estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:
- LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da
paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación. - LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de
xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística. - LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da
actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.
Estrutura e programa xeral
O seminario levarase a cabo durante tres días, do 20 ó 22 de xuño de 2019, no edificio no Museo de
Belas Artes da Coruña. Ó ser un Seminario Internacional en Ruta de UNISCAPE (Rede Europea de
Universidades para a implantación do Convenio Europeo da Paisaxe). Os idiomas admitidos serán o español e o inglés, e as presentacións das notas dos oradores seleccionados desenrolaranse a partir dunha convocatoria de resumes coordinada polo comité científico.