
Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xóvenes titulados e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.
Os premios son convocados anualmente dende 2017 pola Universidade de Santiago de Compostela a través do Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe). Son unha homenaxe á labor desenvolvida polo Dr. Rafael Crecente Maseda, profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo e considerado coma un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.