Visita do arquitecto e profesor Zhang Pengju á ETSAC

O prestixioso arquitecto Zhang Pengju, galardoado co Premio Aga Khan de Arquitectura 2025 polo Centro Comunitario da Aldea de West Wusutu e profesor da Universidade de Tecnoloxía de Mongolia Interior (IMUT SoA), institución coa que a ETSAC mantén máis de trece anos de relacións institucionais, visitou a ETSAC o pasado 30 de xuño de 2026. A Escola desexa expresar o seu máis sinceiro agradecemento pola súa visita e polo enriquecedor intercambio académico e profesional mantido durante a súa estancia, que contribúe a fortalecer os vínculos de colaboración entre ambas as institucións.