
A arquitecta galega Teresa Táboas foi nomeada secretaria xeral da Unión Internacional de Arquitectos (UIA), unha federación de organizacións profesionais nacionais que traballan para unificar aos arquitectos, influír nas políticas públicas e promover unha arquitectura ao servizo das necesidades da sociedade.
Táboas destaca os importantes retos globais que a UIA terá por diante nos vindeiros catro anos para dar resposta a problemas locais. En primeiro lugar sinala o reto da vivenda, como un dereito irrenunciable onde as arquitectas e arquitectos deben reclamar activamente políticas de vivenda para toda a cidadanía, desde o espazo privado ata o espazo público de convivencia. Tamén sinala que nos procesos urbanizadores, os profesionais terán que tomar conciencia da emerxencia climática.