Conferencia de Fuertes Penedo Arquitectos en Santiago de Compostela

A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos organiza o segundo relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de xullo. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Nesta ocasión, os protagonistas serán o estudo Fuertes Penedo Arquitectos, quen nos falarán da súa forma de entender a intervención sobre o territorio, a través dunha selección da súa obra: Ler o lugar, recoñecer a súa memoria, traballar co existente e transformar sen borrar. Unha arquitectura que parte do contexto e busca activar novas miradas sobre espazos cargados de historia, oficio e vida colectiva.

Máis información