Premio ao Traballo Fin de Máster (MURA) de Lucía de Las Mercedes Cárceles Grau

Hoxe celebrouse a entrega de premios da IV edición dos Premios ao Mellor TFM «Criterios ASG (Ambiental, Social e Gobernanza) e Propósito Corporativo», convocados pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC.

O primeiro premio foi para Lucía de Las Mercedes Cárceles Grau polo seu traballo «La rehabilitación de la Casa del Arrendador en Catral», realizado no Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica e titorizado polo profesor Víctor Manuel Hermo Sánchez.

Ao acto asistiu tamén a coordinadora do MURA, Luz Paz Agras, en representación do máster.

O TFM pode consultarse no repositorio da UDC.