Comezo do ciclo de conferencias e talleres: “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería” co relatorio:
Dada a crecente necesidade de aplicación das estratexias BIM (Building Information Modeling) no eido da enxeñería e da arquitectura, a Agrupación Estratéxica CITEEC propón a organización do ciclo de conferencias e talleres BIM titulado: “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería”, co apoio da ETSE de Camiños, Canais e Portos, da ETS de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.
Actualmente, en determinados concursos públicos xa se está esixindo este tipo de estratexias BIM para o desenvolvemento de proxectos construtivos de forma obligatoria, e a súa aplicación por parte das administracións públicas estará pronto recollida na lexislación.
Este ciclo conta con máis de 30 horas entre conferencias e talleres dedicadas a esta metodoloxía impartidas por expertos, e que están abertas a membros da A-CITEEC e a estudantes da UDC. Así mesmo, a asistencia ás conferencias tamén está aberta ao público xeral co obxectivo de atraer e crear vínculos con profesionais relacionados con esta metodoloxía.
As conferencias e talleres son gratuítos previa inscrición, para aqueles que aínda non vos apuntastes a esta ou a outra das conferencias ou talleres do ciclo, aínda estades a tempo a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN
Para máis información consultade o DÍPTICO do Ciclo BIM