
Hoxe realizaouse en Ikea A Coruña a entrega de premios do concurso ETSAC+ IKEA × Atmosferas, para instalacións da 2ª Edición do Festival de Arquitectura Efémera Atmosferas, que tivo lugar entre o 7 e o 11 de outubro. A proposta “UMBRAL” de Lucía Iglesias, Lidia Codias, David Rodríguez e Carmen Barrio, recibiu o primeiro premio. O concurso, organizado por Nuria Prieto en colaboración con IKEA Galicia, incluíu a montaxe e exposición das propostas premiadas. “UMBRAL” instalouse na Praza de España durante o festival.
Tamén foron recoñecidos, ex aequo, os proxectos “MonoNoAware” e “Altar”, da EASD Pablo Picasso.