Conferencia de Carme Pinós e actividades vinculadas ao convenio XERA/UDC

 

O vindeiro xoves terá lugar unha serie de actividades vinculadas ao convenio XERA/UDC, englobadas nun Seminario Técnico sobre o Proxecto de Lourizán, de Carme Pinós e Carles Enrich. O programa é o seguinte:

  • 12.30: Inauguración da exposición sobre o Proxecto de Rehabilitación e Cambios de uso da Finca de Lourizán, de Carme Pinós e Carles Enrich, no vestíbulo da ETSAC.
  • 13.00: Conferencia de Carme Pinós “Proyecto de Rehabilitación y Cambios de uso de la Finca de Lourizán de Carme Pinós y Carles Enrich” no Salón de Actos da ETSAC.
  • 14.30: Presentación do concurso para estudantes no Salón de Actos, ETSAC.

Estas actividades están englobadas no marco do convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade da Coruña.