Conferencia de Carme Nogueira na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes 10 de novembro, ás 19.30 horas, remata na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) o ciclo de conferencias coordinado pola profesora Luz Paz Agras “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX” coa conferencia titulada “Patrimonios Intanxibles: Travesía de Vigo e outros proxectos” e impartida pola artista Carme Nogueira, sobre o seu proxecto artístico e de intervención urbana do ano 2006 na Travesía de Vigo no que utiliza elementos como tres bancos móbiles coas dimensións das xardineiras do centro para cuestionar os usos do espazo.

Máis información