Conferencia de López Rivera Arquitectos

O próximo xoves, 19 de novembro, dentro do Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de López Rivera Arquitectos titulada «De qué forma queremos vivir».

Será no Salón de Actos da Escola, ás 13 horas.

Esta conferencia forma parte do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade da Coruña para a elaboración dun programa de investigación aplicada no Máster Universitario en Arquitectura da ETSAC sobre vivenda pública industrializada, urbanismo e novos modos de habitar.

Imaxe: 18 Vivendas sociais en Gavà, Barcelona, de López Rivera Arquitectos. Fotografía de José Hevia.