Visita guiada á exposición A Coruña Cidade

A cidade, como feito construído, móstrase como un conxunto extenso de pezas, ás veces herméticas e, outras veces, evocadoras. Os cadros que integran A Coruña Cidade conforman unha paisaxe urbana transformada en caligrafía visual, en secuencias de alta intensidade significativa, en planos e cores que atrapan a realidade e a memoria nunha única experiencia estética.

O artista, Vítor Mejuto, e máis o comisario, Fernando Agrasar, de A Coruña Cidade, acompañarán ao profesorado e estudantado da ETSAC que queran sumarse á visita á mostra.

Data: 4 de decembro de 2026

Hora: 13:00 h

Lugar: Sede Afundación, Cantón Grande, 8, A Coruña.