
O próximo martes, 24 de novembro, terá lugar a conferencia de Batlle i Roig / Albert Gil titulada «Del ecobarrio a la habitación: planificación urbana e industrialización».
Será no Salón de Actos da Escola, ás 15.30 horas.
Esta conferencia forma parte do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade da Coruña para a elaboración dun programa de investigación aplicada no Máster Universitario en Arquitectura da ETSAC sobre vivenda pública industrializada, urbanismo e novos modos de habitar.
Imaxe: Residencia de estudiantes aparto Cristóbal de Moura en Barcelona. Fotografía de Oriol Gómez.