
O martes 17 de novembro, ás 19.30 horas, continúa no no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Agras “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”.
A terceira conferencia do ciclo, titulada “De vivenda moderna a contemporánea: GRAND PARC (Bordeus) e DE FLAT (Ámsterdam)”, será impartida por Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo, e María J. González Meijide, que disertarán sobre a transformación de 3 edificios sociais habitados en Grand Parc (Bordeos), obra dos Estudos de arquitectura Lacaton Vassal, Frédéric Druot e Christophe Hutin e sobre o DeFlat Kleiburg, proxecto de rehabilitación arquitectónica en Ámsterdam gañador do Premio Mies van der Rohe 2017, obra dos estudos NL Architects e XVW architectuur.