
O xoves 26 de novembro, ás 18.30 h, na Fundación Alejandro de la Sota (Bretón de los Herreros, 66, Madrid) terá lugar a charla impartida por Faustino Patiño e Juan Prieto que levará por título «Sentimiento arquitectónico de la industrialización. La arquitectura física de la Casa Varela de Alejandro de la Sota».
O relatorio, iniciativa de Thermochip e vencellada ao III Concurso «Reinterpretar unha obra de Alejandro de la Sota», toma como punto de partida unha idea que Alejandro de la Sota desenvolveu no seu artigo «Sentimiento arquitectónico de la prefabricación»: a incorporación de novos sistemas construtivos transforma as propias condicións desde as que se proxecta a arquitectura. A través da Casa Varela, os relatores explorarán como os elementos prefabricados de formigón participaron desde o inicio na concepción do proxecto, definindo a súa estrutura, a súa envolvente e a súa organización espacial.