
A Real Academia Galega de Belas Artes celebrou hoxe unha sesión extraordinaria na que resultou elixido como novo presidente da corporación Celestino García Braña, profesor xubilado da ETSAC.
Na mesma xornada, o pleno académico elixiu como novo académico numerario na sección de Arquitectura ao profesor da ETSAC Fernando Agrasar Quiroga, xunto a outros académicos numerarios e correspondentes.
Grabación de Celestino García Braña na iniciativa Principia organizada polo cincuentenario da ETSAC