Conferencia de Lucas Díaz Sierra na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes, 24 de novembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) terá lugar una nova charla do Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.

No acto, o arquitecto Lucas Díaz Sierra (Díaz & Díaz Arquitectos) impartirá a conferencia “Arquitectura, Territorio e Innovación” na que a relación entre o territorio, a paisaxe e a arquitectura constituirá o fío condutor da mesma, na que Lucas Díaz Sierra percorre a súa traxectoria profesional a través dun xeito de entender e proxectar profundamente vinculada o lugar e á súa identidade. O seu traballo caracterízase por unha arquitectura arraigada no contexto, sustentada no rigor técnico e construtivo e orientada cara á innovación, a sustentabilidade e a procura constante de solucións capaces de responder os desafíos contemporáneos situando sempre ás persoas no centro do proxecto.

A charla continúa cunha aproximación á actividade máis recente do estudo, a través de tres proxectos de especial relevancia que mostran a diversidade de escalas, programas e solucións construtivas da súa arquitectura: las 74 vivendas protexidas de Valdecorvos, en Pontevedra; os estudios virtuais da Cidade das TIC, na Coruña; e a rehabilitación integral do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. Tres intervencións que permiten reflexionar sobre a vivenda colectiva, a adaptación de espazos a novos usos tecnolóxicos e a transformación de grandes conxuntos arquitectónicos, poñendo de manifesto unha forma de proxectar que combina innovación, eficiencia, sensibilidade cara ao contexto e humanización dos espazos.

Máis información