No próximo curso 2018-19 extinguirase a docencia presencial no cuarto curso da titulación de Grao en Arquitectura ( B1G) e estará completamente implantado o itinerario de Bolonia 2. Grao en estudos de Arquitectura + Máster en Arquitectura. Desde a dirección da escola entendemos conveniente convocar aos alumnos dos últimos cursos destas titulacións para resolver todas as dúbidas relacionadas co itinerario para a finalización de estudos.
- Grao en Arquitectura: Proxecto Fin de Grao
- Grao en Estudos de Arquitectura: Traballo Fin de Grao
- Máster en Arquitectura: Proxecto Fin de Máster
Resolveranse tamén as dúbidas sobre a organización dos talleres para o próximo curso académico así como sobre as datas de defensa aprobadas na comisión permanente do centro o pasado mércores 11 de xullo
Se queres que se trate un tema de forma específica ou queres obter resposta a unha pregunta determinada agradecémosche que deixes un comentario nesta entrada.
*Nesta reunión non se tratarán temas que afecten os alumnos que se incorporan ao primeiro curso da titulación de Grao en Estudos de Arquitectura no curso académico 2018-19