O vindeiro venres 01 de febreiro celebraremos por quinta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada CARME PINÓS http://www.cpinos.com/ baixo o título “Obra recente”.
A arquitecta catalana recolle, nesta ocasión, o relevo do tamén catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro, dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso e da india Anupama Kundoo que disertaron nas anteriores edicións.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2018, mentras escoitamos ao trío de jazz de DANIEL CASARES https://www.danielcasaresmusic.com/
Os nosos parabéns aos novos arquitectos ETSAC de 2018!
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados.
Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2018 cartaz