O vindeiro venres 15 de decembro celebraremos por cuarta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.
No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.
Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada ANUPAMA KUNDOO https://www.anupamakundoo.com/ baixo o título “Building knowledge, building community”.
A arquitecta india recolle, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.
Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2017, mentras escoitamos ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps.
Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!
Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.
Estades todos convidados.
Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 cartaz