Obradoiro de Introdución ao Deseño Parametrico con Grasshopper na ETSAC

Cuando:
7 Novembro, 2019 a las 16:30 – 20:30
2019-11-07T16:30:00+01:00
2019-11-07T20:30:00+01:00
Donde:
Laboratorio de Deseño Asistido. 5ª Planta ETSAC

Mañá xoves celebrarase un novo taller do Ciclo “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería” organizada pola Agrupación Estratéxica CITEEC. O taller, titulado “Introdución ao modelado paramétrico con Grasshopper”, será impartido polo profesor da ETSAC José Antonio Vázquez Rodríguez n a aula 3 do Laboratorio de Deseño Asistido, situada na 5ª planta da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

O horario deste taller será de 16:30 a 20:30. Na aula hai dispoñibles 30 equipos co software instalado. Se desexas traer o seu portátil, tes que ter instalada, polo menos, unha versión de proba de Rhinoceros (ver. 5 ou 6).
Nesta última, o Grasshopper xa vén incluído.

Ademais, recoméndase instalar os plugins de Grasshopper: Kangaroo Physics  e Millipede,

Asistencia gratuíta previa inscrición