IV FEIRA DE SUSTENTABILIDADE NA UDC

When:
12 Decembro, 2013 @ 11:00 – 19:00
2013-12-12T11:00:00+00:00
2013-12-12T19:00:00+00:00
Where:
Facultade de Economía e Empresa. UDC

IV FEIRA DE SUSTENTABILIDADE NA UDC

12 de decembro, de 11 a 19 h,  IV Feira de Sustentabilidade na UDC: artesanía, obradoiros, comercio xusto,recollida de alimentos e xoguetes, reciclaxe e moito máis!.

Desde a OMA queremos aproveitar a chegada do Nadal para convidarvos a participar nesta feira coa que se pretende enviar unha mensaxe de consumo responsable, colaboración e participación na comunidade universitaria.

O vindeiro 12 de decembro poderédesnos acompañar en diversas actividades. Entre elas atoparedes traballos de artesanía, obradoiros referentes ao Nadal e tamén o comercio xusto, entre outros.

Por outra banda, temos oportunidade de facer unha recollida de alimentos e xoguetes que serán levados á Cociña Económica, a cal participa en dito evento. Parécenos algo moi importante debido ás carencias polas que está a pasar a gran maioría da sociedade nestes momentos. Do mesmo xeito tamén se realizará a recollida de móbiles en colaboración co Instituto Jane Goodall. Ofrecerase un chocolate quente como agradecemento á vosa participación.

Poderedes trocar obxectos que non precisedes no mercadiño de troco e disfrutar na compaña dos vosos amigos nunha feira cargada de sorpresas e ambiente de Nadal e, porque non, ecolóxico.

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña no campus de Elviña, comezará ás 11:00 damañá, rematando ás 19:00 da tarde.

Mais información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”

Twitter: @OMA_UDC