
A Modernidade arquitectónica foi unha aliada de primeiro orde na búsqueda de solucións á demanda colectiva de vivenda que se viviu en Europa durante o século XX.
Nun contexto no que a necesidade de aloxamento masivo da poboación se impuxo como un dos maiores problemas sociais, a profesión centrouse na búsqueda de respostas asequibles económicamente, con condicións espaciais de calidade e cunha clara aposta por promover a vida en comunidade.
Propostas experimentais encheron de contido os Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, incentivaron concursos na procura de novas solucións e xeraron un debate social que trascende o arquitectónico.
Proxectos paradigmáticos como a gran operación política da Viena Roxa, a revisión do concepto de hábitat dos Smithson en Londres, alternativas ao marxe da ortodoxia como as de autoras como Elizabeth Denby ou Halina Skibniewska, ou a proximidade de propostas innovadoras como as de Corrales en Galicia, aportan visións relevantes para o debate sobre a actual crise de vivenda.
Luz Paz Agras, coordinadora do ciclo
