PRAZAS ESGOTADAS. ORGANIZACIÓN DE GRUPOS
Á vista do número de solicitudes recibidas e para optimizar os tempos de aprendizaxe debemos establecer dúas sesións para o vindeiro xoves:
- 9:15 a 11:45 alumnos matriculados en Proxecto Fin de Grao. Grao en Arquitectura
- 12:00 a 14:30 alumnos matrículados no resto de titulacións que se imparten na ETSAC
Rogámosvos unha puntualidade estrita no cumprimento dos horarios de inicio indicados para optimizar o tempo ao máximo.
A dirección da Escola de Arquitectura e 0FABdaETSAC organiza periódicamente cursos orientados á capacitación do alumno para a utilización autónoma da máquina de corte láser e outras máquinas dispoñibles no obradoiro de fabricación dixital da ETSAC.
Nesta ocasión publicítase un curso gratuito de tres horas de duración destinado a alumnos matriculados na Escola técnica Superior de Arquitectura.
Terán preferencia os alumnos matriculados en PFC/ PFG/ TFM das titulacións impartidas na ETSAC
Formulario de inscrición (prazo de preinscrición finalizado)
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.