AVISO: Mantemento Centros de Transformación nos edificios da ETSAC

Cuando:
1 Agosto, 2019 a las 15:00 – 2 Agosto, 2019 a las 12:00
2019-08-01T15:00:00+02:00
2019-08-02T12:00:00+02:00

O servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamento da UDC comunica a realización dos mantementos nos centros de transformación para probas en carga de grupos electróxenos no verán de 2019.

  • 01.08.2019 – 15:00 ETSAC

  • 02.08.2019 – 9:00 Edificio Departamentos ETSAC

Establecéronse uns horarios de ocupación, en moitos casos de mañá dado que é recomendable unha vez ao ano probar o grupo con demanda eléctrica e facer unha proba real do seu funcionamento en caso de corte eléctrico da rede externa, eliximos horarios e calendarios que entendemos pouco críticos. Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas dende a hora de comezo establecida na taboa, salvo nos centros que se establece un rango horario, e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo electróxeno de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede todos los equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

O noso centro non ten un intervalo definido motivado pola necesidade de acometer algunha reparación de mantemento cunha duración superior ás 2 horas.