Semana da Arquitectura da Coruña 2026

A Coruña celebrará do 5 ao 11 de outubro a sétima edición da Semana da Arquitectura, que este ano estará dedicada ao brutalismo coruñés e ao legado que esta corrente deixou na paisaxe urbana da cidade. O Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impulsan unha programación que permitirá achegarse a esta parte do patrimonio contemporáneo a través de exposicións, conferencias, visitas guiadas, rutas, obradoiros e outras actividades.

Descargar programa

Todas as actividades son de balde ata completar a capacidade do espazo, salvo as que requiren inscrición previa, que debe facerse no correo electrónico semanadaarquitectura2026@coruna.gal