Exposición «Vítor Mejuto. A Coruña cidade» na Sede Afundación A Coruña

Mañá mércores 14 de outubro, ás 19 horas, inaugúrase na Sede Afundación A Coruña a exposición «Vítor Mejuto. A Coruña cidade», que estará aberta ata o 9 de xaneiro de 2027.

As obras da exposición, comisariada polo profesor da ETSAC Fernando Agrasar, son pinturas. Vítor Mejuto reduce cada edificio ás súas formas e cores esenciais, ata deixar no lenzo o imprescindible para recoñecelo. Os tons que elixe remiten á luz atlántica da Coruña e conservan pequenas asimetrías e irregularidades que delatan o proceso de pintar

En «A Coruña cidade», Vítor Mejuto reúne ese traballo de observación paciente e compárteo co público. Un convite a redescubrir A Coruña a través das formas cotiás que nos rodean sen que apenas as advirtamos.

Máis información