
O sábado 3 de outubro celébrase na DOMUS a feira de tecnoloxías abertas OSHWdem. Open source Hardware Demonstration. Un evento de referencia na comunidade maker organizado pola asociación Bricolabs
O FabLab da ETSAC estará presente en dúas modalidades, en primeiro lugar ás 11.30 cunha charla titulada «Do fabacademy ao Fab26: un percorrido pola rede internacional de Fablabs co FAbLab da ETSAC da Universidade da Coruña, e en segundo lugar contaremos cun posto onde expoñeremos a actividade do FabLab, explicando o que é e as posibilidades que ofrece desde unha escola de arquitectura dunha universidade pública: propostas de actividades formativas abertas á comunidade, visitas e realización de talleres. Contaremos cunha pequena mostra de modelos a escala desenvolvidos polos alumnos da ETSAC.