Conferencia de Manuel Rodríguez na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes 13 de outubro ás 19:30 horas continúan os “Martes das Artes” na Real Academia Galega de Belas Artes coa conferencia “Facer a pregunta correcta”, impartida por Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA. A charla percorrerá a experiencia da Fundación RIA no desenvolvemento de estudos interdisciplinares, proxectos piloto e procesos de planificación territorial estratéxica ao longo da última década. A través de distintas iniciativas, abordará como a análise das realidades locais permite formular preguntas que orienten a planificación e as axendas estratéxicas, conectando escalas de gobernanza e atendendo aos efectos das políticas públicas sobre o territorio e a vida das persoas.