Congreso Internacional sobre Mercados de Abastos en Santiago de Compostela

Congreso internacional sobre MERCADOS DE ABASTOS en Santiago de Compostela, do 14 ao 15 de decembro de 2026

Con relatoras convidadas (keynote speakers) de toda Europa, con asociacións de defensa dos mercados de abastos e coa asistencia técnica da FAO.

“Nun escenario de crise ecosocial, e ás portas dunha preocupante crise alimentaria a nivel global, resulta prioritario, e urxente, reforzar o papel dos mercados de abastos municipais”.

Chamada a resumos: data límite 25/11/2026

Chamada a todos os investigadores/as, técnicos/as da administración pública ou persoas con responsabilidades públicas, que traballen, ou tomen decisións, sobre os sistemas alimentarios locais e, en particular, sobre os mercados de abastos para presentar resumos ou para a asistencia presencial.

Áreas temáticas:

1- Modelo e gobernanza dos mercados de abastos municipais.

2- Barreiras e facilitadores para o bo funcionamento dos mercados de abastos e dos sistemas alimentarios locais.

3- Requirimentos espaciais e infraestruturais dos mercados de abastos e dos sistemas alimentarios locais.

4- Marcos teóricos e culturais, conceptos narrativas sobre os mercados de abastos e os sistemas alimentarios locais.

Máis información