Presentación do código iCor na ETSAC

When:
7 Decembro, 2015 @ 18:00 – 21:00
2015-12-07T18:00:00+01:00
2015-12-07T21:00:00+01:00
Where:
Aula Especial 1, andar -1, ETSAC

color_1

 

A presentación do código iCor na ETSAC é unha actividade organizada dentro da materia Representación Avanzada en Arquitectura RAA pola profesora Margarita Lorenzo Durán.

O código cromático do Ensanche da Ramella no Casco Histórico de Lugo, e a súa aplicación. Realizado no marco do Laboratorio “Ensanche da Ramella”, dentro do proxecto iCOR cidade identidade, organizado pola Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do COAG. Froito da colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co Concello de Lugo a través do Proxecto URBAN.

Presentarán o traballo: ANTONIO MAROÑO CAL, decano do COAG, ÁNGELES CASTRO DAPENA, LUISA SERRANO GARCÍA, MARÍA MELERO LORENZO, arquitectas, e CARMEN LAMELA VIERA, socióloga.

Máis información: Presentación do código cromático