Aviso de corte de suministro eléctrico na ETSAC

When:
28 Agosto, 2013 @ 07:00 – 09:15
2013-08-28T07:00:00+00:00
2013-08-28T09:15:00+00:00
Where:
ETSAC

CORTE DE SUMINISTRO POR MANTEMENTO DOS CENTROS DE TRANSFORMACIÓN

Dende o servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos comunicanos a seguinte información:

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia. Tamén e recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.

Establecéronse uns horarios de ocupación, en moitos casos de mañá dado que é recomendable unha vez ao ano probar o grupo con demanda eléctrica e facer unha proba real do seu funcionamento en caso de corte eléctrico da rede externa, eliximos horarios e calendarios que entendemos pouco críticos. Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.