
A profesora da ETSAC Yolanda Pérez Sánchez participará hoxe na Noite Galega das Persoas Investigadoras (GNIGHT) coa charla “As paisaxes mírannos”, que trata como como o noso xeito de mirar, percorrer e experimentar a paisaxe está condicionado pola cultura e como, a través desa mirada, revelamos tamén a nosa relación co territorio.
A charla terá lugar ás 20.30 horas na Dársena da Mariña.